publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un mozo de 18 anos falece nun accidente en Sarria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSarriaSucesosTouro
A-
A+
Europa Press

Un mozo de 18 anos de idade faleceu nun accidente de circulación na localidade lucense de Sarria, ao sairse da vía o vehículo no que viaxaba na estrada que vai desa localidade a Paradela.

Segundo recolle un parte do Urxencias Sanitarias-061, o sinistro tivo lugar ás 23,34 horas deste luns e víronse implicadas dúas persoas, unha delas o falecido, que tivo que ser excarcerado polos bombeiros ao quedar atrapado.

O 061 mobilizou unha ambulancia medicalizada do 061, que non chegou ao punto por ser anulada durante o desprazamento polo persoal do Punto de Atención Continuada (PAC).

Como consecuencia do accidente, un novo, de 18 anos, que responde á identidade de A.L.P., faleceu no propio lugar do sinistro. Pola súa parte, outro rapaz desa mesma idade, a identidade da cal se corresponde con E.L.P., foi evacuado ao Hospital Lucus Augusti, de Lugo.

Ademais, segundo indicou a Central de Atención ás Emerxerncias 112, os pais do falecido tamén tiveron que ser atendidos polos técnicos sanitarios cando chegaron ao lugar do sinistro.

Foron mobilizados os Bombeiros, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Sarria.

UN FERIDO EN TOURO

Por outro lado, tamén resulto ferido un home nun accidente de circulación acontecido ás 7,30 horas na localidade coruñesa de Touro. Foron mobilizados o 061, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

Segundo o 112, os bombeiros de Arzúa liberaron o home que quedara “atrapado” no interior do vehículo que conducía.

14 de xuño de 2016 | 11:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.