publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un incendio calcina parte dunha vivenda en Rois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRoisSucesos
A-
A+
Europa Press

Un incendio declarado a primeira hora da mañá deste xoves calcinou parte dunha vivenda situada na localidade coruñesa de Rois. Segundo a información do 112-Galicia, foi un veciño o que, pasadas as 8,00 horas, deu a voz de alarma, indicando que vía lapas saíndo por unha fiestra do segundo piso dunha vivenda do lugar de Pedre.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Boiro, membros do GES de Padrón e voluntarios de Protección Civil de Rois, que deron por extinguido o lume en torno ás 9.30 horas. Segundo confirmaron dende o 112, as lapas arrasaron por completo tres cuartos e o fume afectou a toda a casa.

16 de xuño de 2016 | 11:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.