Un home resulta ferido tras caer do tractor na Pontenova
Un home resultou ferido este venres ao caer do tractor co que circulaba por unha estrada da Pontenova tras sentirse indisposto cando conducía. Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar minutos despois das 12,00 horas nas proximidades da igrexa de San Estevo.
Tras recibir a alerta, os efectivos sanitarios trasladaron o ferido en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti. O persoal do CAE 112 Galicia informou ao GES da Pontenova, que enviou ao punto varios efectivos. Tamén se alertou a Garda Civil de Tráfico