publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home ferido grave tras envorcar o seu tractor en Caldas de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home resultou ferido grave a última hora deste mércores tras envorcar o tractor que conducía na localidade pontevedresa de Caldas de Reis. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, foi un fillo da vítima o que alertou sobre as 20,40 horas de que o tractor que conducía o seu pai caera por un desnivel duns catro metros nun camiño de Paradivas, na parroquia de Santo André de César.

Até o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Vilagarcía, que sacaron ao home de debaixo do tractor, GES de Valla, Protección Civil e Garda Civil. A vítima foi trasladada ao Hospital Montecelo de Pontevedra nun helicóptero medicalizado do 061.

23 de xuño de 2016 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.