publicidade hoxe

Un home de 43 anos resulta ferido nun accidente en Cuntis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntisSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home, de 43 anos de idade, resultou ferido na mañá deste mércores nun accidente de circulación acontecido ás 6,50 horas na N-640, nunha zona de curvas á altura de Castro Loureiro.

Segundo recolle o parte da Central de Atención ás Emerxencias 112, un particular avisou de que avistara un coche envorcado nun barranco e engadiu que o vehículo estaba “moi danado”.

Foron mobilizados efectivos de Urxencias Médicas, que enviou unha ambulancia, e do GES de A Estrada, que acudiron cun equipo de excarceración para liberar a vítima. No operativo tamén participaron membros de Protección Civil e da Garda Civil.

O 061, segundo informaron fontes sanitarias, trasladou ao home, de 43 anos, e que responde á identidade F.J.L.R., ao Sanatorio Domínguez de Pontevedra. Urxencias Sanitarias mobilizou unha ambulancia asistencial acompañado de médico de atención primaria.

8 de xuño de 2016 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.