publicidade hoxe

Salvamento Marítimo asiste a un pesqueiro á deriva fronte a Cabo Touriñán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxíaSucesos
A-
A+
Europa Press

O centro de Salvamento Marítimo de Fisterra coordinou a asistencia e posterior remolque do pesqueiro Virxe Ponderosa Primeiro, que quedou á deriva tras sufrir un fallo mecánico fronte a Cabo Touriñán.

Segundo informou o departamento, a embarcación, de 17 metros de eslora e con porto base en Laxe, atopábase faenando este mércores con cinco tripulantes a bordo a 40 millas ao noroeste de Cabo Touriñán cando, sobre as 22,30 horas, sufriu un fallo mecánico e quedou á deriva.

De inmediato mobilizouse a embarcación de intervención rápida Salvamar Altair, que localizou ao ‘Virxe Poderosa Primeiro’ e remolcouno ata o porto de Camariñas, onde quedou atracado sobre as 10,50 horas deste xoves.

16 de xuño de 2016 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.