publicidade hoxe

Rey Varela mantén un encontro de traballo co alcalde de Vilar de Santos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilar de Santos
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Vilar de Santos. Foto: X. Crespo

Rey Varela na reunión co alcalde de Vilar de Santos. Foto: X. Crespo

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio ourensán de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón Pedras.

Na xuntanza valorouse a elevada ratio de atención coa que conta o concello no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar. No presente ano incrementáronse 840 horas anuais (6.900 horas anuais en total) que fan que a ratio de atención deste servizo aumente ata o 86,19%.

Ademais de recoñecer os fitos acadados ata o de agora grazas a colaboración entre ambas entidades, os dous mandatarios estableceron novas liñas de traballo para continuar mellorando os servizos sociais do municipio. No que respecta á infancia, o municipio conta cunha ratio de prazas públicas en escolas infantís que supera con creces a ratio aconsellada pola Unión Europea, chegando ao 142,86%. Ademais, o alcalde presentou un proxecto de ampliación dos recursos residenciais do concello, que a Consellería de Política Social estudará para analizar a súa viabilidade.

13 de xuño de 2016 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.