publicidade hoxe

Rexístranse dous accidentes na A-52 e nun deles estivo implicada unha muller embarazada que se atopa en bo estado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelónSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

A A-52 rexistrou na mañá deste mércores dous accidentes de circulación, nun dos cales se viu implicada unha muller embarazada, aínda que se atopa en bo estado e o 061 non chegou a ter que actuar.

O primeiro dos sinistros tivo lugar sobre as 11,30 horas, no quilómetro 154, sentido Vigo, e nel víronse implicados un turismo contra un camión que realizaba tarefas de repintado da autovía.

Como consecuencia do sinistro un varón de 53 anos e que responde ás iniciais de A.N., tivo que ser trasladado, en ambulancia asistencial, ao Hospital de Verín, segundo confirmou o 061.

A Central de Atención ás Emerxencias 112 tamén puxo os feitos en coñecemento dos efectivos de Protección Civil, a Garda Civil de Tráfico, así como dos Bombeiros de Verín, que non tiveron que intervir.

OUTRO ACCIDENTE

Ademais, houbo outro accidente, sobre as 10,15 horas deste mércores. Concretamente, produciuse unha saída de vía na A-52, no quilómetro 262, no concello de Melón (Ourense), sentido A Mesquita.

Neste accidente, aínda que se viu implicada unha muller embarazada, non houbo feridos. En todo caso e por precaución, púxose en coñecemento de Urxencias Médicas, que confirmou que non tivo que actuar, así como tamén se informou o GES de Ribadavia e a Garda Civil de Tráfico.

8 de xuño de 2016 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.