publicidade hoxe

Raquel Arias visita o xulgado de Chantada para comprobar as necesidades do persoal do edificio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+
Raquel Arias na visita ao xulgado de Chantada

Raquel Arias na visita ao xulgado de Chantada

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, visitou hoxe as dependencias do xulgado de Chantada para coñecer de primeira man as demandas dos traballadores e o estado no que se atopan as instalacións.

No encontro, no que participaron, entre outros, a xuíza substituta Susana Vázquez Mariño e o alcalde Manuel Lorenzo Varela, Raquel Arias indicou que a Xunta considera fundamental dispoñer de infraestruturas xudiciais de calidade. “Unhas instalacións que permitan dar”, segundo dixo, “un axeitado servizo á cidadanía e que estean en concordancia coas necesidades dos traballadores”.

Con este obxectivo, segundo explicou, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza destina importantes recursos ao mantemento e mellora dos edificios xudiciais, para o que se elaborou o Plan de eficiencia enerxética e obras menores 2016-2018 en edificios xudiciais. Deste xeito, vanse cubrindo as necesidades e demandas detectadas ou trasladadas polos propios traballadores xudiciais e mesmo mellorando as instalacións.

Neste contexto, por exemplo, no xulgado de Chantada, en aras de favorecer o illamento do edificio, está previsto substituír os vidros e a carpintería exterior.
A delegada territorial lembrou que hai un par de anos, tamén dentro deste plan de eficiencia enerxética, instalouse unha caldeira de biomasa, que permitiu un aforro importante en carburante.

2 de xuño de 2016 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.