publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Prisión comunicada e sen fianza para o ucraíno acusado do homicidio a un compatriota en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigránPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O Xulgado de Instrución número dous de Vigo, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para o home de nacionalidade ucraína, I.V., de 45 anos de idade, investigado polo homicidio dun compatriota.

Así o comunicou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), despois que o único acusado, que chegou aos xulgados pasadas ás 9,30 horas, declarase na mañá deste luns durante unhas dúas horas e media.

Os feitos ocorreron na madrugada do domingo na vivenda que o presunto agresor e a vítima compartían -e na que vivían tamén con outras persoas- en Nigrán (Pontevedra). Ambos se coñecían desde que tempo atrás traballaron xuntos en Madrid, e desde febreiro deste ano vivían no municipio pontevedrés, segundo explicou o avogado da defensa.

O letrado mantivo, en declaracións aos medios, que se trata dun homicidio imprudente, que se produciu en lexítima defensa despois de que se iniciase unha discusión entre o presunto agresor e a vítima por motivos de diñeiro.

ALEGA DEFENSA PROPIA

Tal e como relatou, a vítima chegou ao domicilio “un pouco bebido” e pediulle ao presunto agresor diñeiro para “irse a tomar unha cervexa”, pero como este negouse, o primeiro “ameazouno” cun coitelo; ao que o outro respondeu “en defensa propia” dándolle “co ferro”.

O letrado mantivo que o seu defendido deulle á vítima un único golpe na cabeza co electrodoméstico e cualificou o desenvolvemento dos acontecementos como “mala sorte”. No entanto, comentou que o xuíz decretou o ingreso en prisión provisional do home porque “non ten arraigamento” en España.

Segundo fontes da investigación, unha dotación da Garda Civil acudiu ao domicilio no que ocorreron os feitos tras recibir un aviso de que estaba a producir un altercado. Ao chegar, os axentes atopáronse coa vítima, un home tamén de nacionalidade ucraína, tendido no chan cunha ferida sanguenta na cabeza.

13 de xuño de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.