publicidade hoxe

Portos de Galicia mellora a seguridade viaria no acceso ao peirao de Vilanova de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilanova de Arousa
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, está a executar obras de mellora e reforzo da seguridade viaria no acceso ao peirao de Vilanova de Arousa. Así o confirmou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, que visitou a zona na que veñen de dar comezo os traballos.

Durán Hermida explicou que o organismo que preside investirá 30.000 euros nesta actuación que permitirá mellorar as condicións da circulación nunha estrada moi transitada por vehículos pesados, en especial camións de transporte de mexillón que circulan a diario cara ao porto.

En concreto, os traballos incluirán a pavimentación da recta existente entre a coñecida como curva de Santos e o parque do Cabo, no entorno da estación marítima. Así mesmo as obras incluirán a instalación de tres pequenos lombos viarios que estarán situados nas inmediacións dos tres pasos de peóns situados neste tramo.

Finalmente os traballos incluirán a renovación da sinalización horizontal e a instalación dos sinais verticais pertinentes. Con esta actuación Portos de Galicia pretende dar resposta ás necesidades do tránsito rodado e peonil do acceso ao peirao vilanovés.

3 de xuño de 2016 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.