publicidade hoxe

Os profesionais da xustiza e da policía debaten na Agasp sobre a xestión dos bens intervidos ao narcotráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+
Luis Menor,na inaugración da xornada

Luis Menor,na inaugración da xornada

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, inaugurou esta mañá unha xornada sobre Experiencias e propostas de mellora na xestión de activos intervidos ao narcotráfico, que se celebrará durante o día de hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada.

A xornada contará coa participación de expertos na loita antidroga que expoñerán a súa experiencia directa na materia, presentando á súa vez diversas propostas e recomendacións para lograr unha eficaz xestión dos bens incautados ao narcotráfico, unha cuestión considerada de importancia estratéxica na loita antidroga segundo maniféstase desde a propia Fundación.

Participarán na Estrada membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado pertencentes a distintas unidades de Galicia con experiencia directa na loita antidroga, xunto a representantes do ámbito xudicial. “É unha satisfacción que o coñecemento e a experiencia dos profesionais reunidos na Agasp sirva para mellorar a loita antidroga a nivel nacional” manifestou o director xeral de Emerxencias e Interior.

A xornada conta con máis de 80 asistentes, entre funcionarios do Corpo Nacional de Policía, Garda Civil e Servizo de vixilancia aduaneira; e enmárcase dentro das accións encamiñadas a divulgar o novo Servizo de Xestión de Bens Mobles Incautados ao Narcotráfico en Galicia (SXB). Esta iniciativa está impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico e conta coa colaboración do Colexio de Procuradores da Coruña e o apoio da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

O novo servizo, o SXB, un concepto innovador no ámbito da xestión dos comisos, concíbese como un instrumento ao servizo de unidades xudiciais e forzas de seguridade para resolver o problema que supón a xestión dos bens intervidos en operativos antidroga realizados en Galicia.

A xornada de hoxe é a primeira actividade que levan a cabo conxuntamente a Fundación Galega contra o Narcotráfico e a Agasp pero está previsto que esta colaboración teña continuidade con mais accións formativas dado o común interese de ambas institucións na loita contra o narcotráfico e os seus efectos, así como a mellora da formación dos profesionais que interveñen nas diferentes partes do proceso desta loita.

22 de xuño de 2016 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.