publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O sorteo do cupón da ONCE deixa en Cambre 280.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Europa Press

O sorteo do cupón da ONCE repartiu un total de 280.000 euros en Cambre (A Coruña), tras resultar premiados oito cupóns con premio ás cinco cifras. Cada cupón recibe 35.000 euros.

Os cupóns premiados vendeunos o axente vendedor de produtos de xogo da ONCE Jesús Manuel Golán Naya, que vende como ambulante no municipio de Cambre. A súa área de influencia de venda esténdese tamén dende o Cruzamento de O Seixal ao Paraugas, na zona do Burgo, e zonas limítrofes.

O cupón diario da ONCE ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Ademais, inclúe a posibilidade de xogar tamén á serie, e gañar ‘A Paga’ de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, que se engade ao premio de 35.000 euros.

7 de xuño de 2016 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.