publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Plan Concellos destina 27.000 euros a Vila de Cruces para o acondicionamento dun camiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVila de Cruces
A-
A+

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de conceder unha nova achega ao concello de Vila de Cruces ao abeiro do Plan Concellos 2016. Vila de Cruces beneficiarase de 27.614,27 € para o acondicionamento do camiño entre Candañedo e Camanzo. Esta actuación enmárcase dentro da liña 1 do plan, dedicada a investimentos.

Esta axuda hai que sumala aos 173.970,26 € concedidos, no marco da liña 1, para o acondicionamento dunha zona recreativa e dunha zona verde, para a mellora de camiños na parroquia de Santomé de Obra, a adquisición dunha máquina retroescavadora, a mellora das beirarrúas e servizos na rúa Amable Durán Bergueiro e a mellora do camiño entre Barral e Fontarcada mailo muro de contención de Outeiro; 88.643,94 €, na liña 2, destinados ao financiamento de gasto corrente; 22.160,98 €, na liña 3, investidos no XXIII Festival de bandas de música e XIII Festa gastronómica do Galo de Curral; e 115.848,70 € para a contratación de 11 traballadores e traballadores que están a desempeñar a súas tarefas para o concello.

No que vai de ano xa foi entregado o 72,46% do total destinado a Vila de Cruces, a razón do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 428.238,30 €.

22 de xuño de 2016 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.