publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica o decreto para realizar as expropiacións necesarias para a mellora da estrada LU-124 en Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da estrada LU-124, no treito entre Lindín (A-8) e Cruz da Cancela (LU-122).

O Decreto de Utilidade Pública comprende as expropiacións das 100 fincas necesarias para a ampliación e mellora do citado treito da vía autonómica. No seguinte enlace pódese consultar información relativa ao Decreto que hoxe publica o DOG.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada porque a vía obxecto do proxecto é unha vía de acceso importante desde a A-8 cara aos municipios da Pontenova, Riotorto e A Pastoriza; así mesmo, supón unha mellora da seguridade viaria no citado treito da estrada LU-124.

Cómpre lembrar que no mes de abril publicábase no DOG o anuncio polo que se sometía ao trámite de información pública este proxecto. Posteriormente, asínase a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción.

As obras teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria da estrada que dá acceso á Autovía do Cantábrico cos municipios da Pontenova, Riotorto e A Pastoriza e a previsión é licitalas este verán.

As actuacións previstas inclúen a ampliación da calzada, a execución dunha nova drenaxe transversal e lonxitudinal, a disposición dunha nova capa de rodadura e sinalización horizontal, vertical, balizamento e defensas, ademais de todas as obras complementarias para a ampliación do largo da vía.

As obras levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 9+465 (enlace coa autovía) e 15+294 (glorieta existente na intersección coa LU-122, limítrofe co Concello de Riotorto). Realizaranse con criterios semellantes aos adoptados na mellora realizada en 2015 no tramo comprendido entre o núcleo de Mondoñedo e o enlace de Lindín desta vía, na cal a Xunta investiu máis de 700.000 euros.

29 de xuño de 2016 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.