publicidade hoxe

O conselleiro de Política Social recibe a novos alcaldes galegos na procura dunha estratexia máis coordinada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXunqueira de Espadanedo
A-
A+
José Manuel Rey Varela na reunión co alcalde de Xunqueira de Espadanedo

José Manuel Rey Varela na reunión co alcalde de Xunqueira de Espadanedo

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, segue impulsando a rolda de encontros con todos os representantes das entidades públicas galegas para coordinar a atención social que reciben os cidadáns da Comunidade Autónoma.

Hoxe mesmo, o alcalde do concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez Blanco, acudiu a San Caetano para manter un encontro de traballo co conselleiro de Política Social. O obxectivo destes encontros periódicos cos rexedores galegos é establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio.

Na xuntanza, conselleiro e alcalde, valoraron a ratio de atención do Servizo de Axuda no Fogar que cun 100% chega á totalidade da poboación que a precisa. No presente ano mantivéronse as 3.096 horas anuais que ten este servizo.

Ademais de recoñecer os fitos acadados ata o de agora grazas a colaboración entre ambas entidades, os dous mandatarios estableceron novas liñas de traballo para continuar mellorando os servizos sociais do municipio.

29 de xuño de 2016 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.