publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O acusado de facer tocamentos a dúas irmás en Vimianzo nega os feitos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVimianzo
A-
A+
Europa Press

Un home acusado de facer tocamentos a dúas irmás, menores de idade, en Vimianzo (A Coruña) declarou que “todo é mentira” e alegou que foron os pais das presuntas vítimas quen o “inventaron” todo.

A Audiencia Provincial da Coruña acolleu este martes o xuízo contra este home que se enfronta a unha pena de cinco anos de cárcere por un delito continuado de agresión sexual en referencia a uns feitos acontecidos entre abril e maio de 2014.

Por estas datas, segundo sostén o escrito do Ministerio Público, o procesado “guiado pola intención de ofender e vexar” aproveitou mentres estaba a ver o ordenador cunha das menores para “agarrar a perna da nena, así como para pasar o seu cóbado por enriba da roupa á altura dos peitos de arriba abaixo”.

Ademais, noutra ocasión, cando a outra irmá se atopaba pasando a noite no seu domicilio en compañía dos seus fillos menores, o acusado, “coa intención de satisfacer o seu desexo sexual, tombouse ao seu lado e comezou a fregar as súas partes íntimas contra a vaxina da nena de forma reiterada”, recolle o escrito.

“NUNCA AS TOQUEI”

Na súa declaración, o acusado negou en todo momento tocar as menores. “Nunca as toque” dixo este home, que cree que ao “inventaron” todo os pais porque el non lles daba a custodia do seu fillo.

“Querían a custodia do meu fillo”, dixo o procesado, que ante o tribunal explicou que “a relación cambio” con eles despois de que, en reiteradas ocasións, el se negase. Neste sentido, dixo que a nai das menores lle chegou a manifestar que se”quería facer coa custodia” do seu fillo porque ela “estaba sometida a un tratamento médica e non sabía se podería ter outro fillo”, explica.

Fronte a isto, a nai das vítimas negou tales afirmacións: “Nunca se falou dese tema porque nós podiamos ter fillos perfectamente”. Ante o tribunal, explicou que tivo coñecemento dos feitos polas súas propias fillas e recoñeceu que nun primeiro momento pensou que a súa filla “esaxerara”.

AS VÍTIMAS

Non obstante, ao ver a súa filla moi afectada e “nerviosa”, e tras coñecer o que lle había acontecida á segunda delas, cambiou a súa opinión. No segundo dos casos, segundo asegura a nai, a menor tivo un momento de “nerviosismo extremo” e mesmo lle chegou a manifestar que o acusado “era o demo” polo que lle fixera.

Nesta mesma liña manifestáronse as dúas irmás, que aseguraron que o acusado mantiña unha “relación normal” cos seus pais e que por iso non desconfiaban del.

Aseguraron que un primeiro momento non entendían o que estaba a suceder e que se sentían “incómodas” coa actitude que mostraba o procesado cara a elas. As dúas ratificaron os tocamentos realizados por parte deste home, quen chegaría a fregar as súas partes xenitais contra unha delas.

Por estes feitos, ademais da pena de prisión, a Fiscalía solicita que o acusado indemnice as vítimas con 4.000 euros.

7 de xuño de 2016 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.