publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente investirá 415.000 euros na mellora e abastecemento das parroquias de Restande e Monzo, en Trazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTrazo
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Trazo

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Trazo

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Trazo, José Dafonte, no que se consigna un investimento de 415.000 euros por parte da Xunta para mellorar o abastecemento das parroquias de Restande e Monzo.

Esta actuación constitúe a segunda fase dun proxecto máis amplo, que se iniciou en 2012 coas obras de abastecemento na parroquia de Castelo, uns traballos nos que se investiron 225.000 euros.

Tras o remate das obras da primeira fase, a parroquia de Monzo carece de abastecemento e na de Restande só o núcleo de Restande de Abaixo ten este servizo. Ante esta situación faise necesario executar unha rede de abastecemento a estas parroquias -partindo da rede existente en Restande de Abaixo- para dar servizo aos 227 habitantes da parroquia de Restande (exceptuando Restande de Abaixo) e aos de Monzo (169 habitantes), así como á cabana gandeira de ambas parroquias, que ascende a 1.278 cabezas.

O novo abastecemento consistirá nunha rede de tubaxes de 6.159 metros de lonxitude total. Ademais, prevense instalar bombeos para garantir a presión mínima do servizo.

Segundo destacou Mato, este tipo de colaboracións garanten a subministración de auga en calidade e cantidade á cidadanía e dan cumprimento á Directiva Marco da Auga; colabórase coas entidades locais para mellorar a rede de abastecemento secundaria; e garántese o abastecemento e regulación dos recursos hídricos en calidade e cantidade coa realización das obras de infraestrutura necesaria, velando así mesmo polo seu consumo responsable e fomentado o seu aforro.

14 de xuño de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.