publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente colaborará na mellora do abastecemento de auga á parroquia de San Martiño na Peroxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Peroxa
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde da Peroxa

Beatriz Mato na reunión co alcalde da Peroxa

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Peroxa colaborarán na execución das obras de mellora do saneamento e depuración nos núcleos de Toubes e Cinconogueiras. Así se recolle no convenio asinado entre a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, no que se indica que as obras serán executadas por Augas de Galicia e contan cun investimento de máis de 400.000 euros (411.129).

Tal e como sinalou a conselleira, con esta actuación preténdese garantir aos veciños de Toubes e Cinconogueiras un sistema de saneamento axeitado, que solucione os problemas de vertidos ao medio e evitar así posibles problemas de salubridade.

A parroquia de Toubes está formada polos núcleos de Abedín, A Fiestra, O Fontao, Goiás, Outeiro, Pacios, A Vila, Vilarello, e Lama de Toubes, que na actualidade non dispoñen de rede de saneamento. Proxéctase executar unha rede de saneamento e instalar un sistema de depuración de augas residuais. Con esta actuación, definirase unha rede de saneamento e diversas conducións que recollerán as augas residuais do conxunto de núcleos e que será transportada ata o novo sistema de depuración que se situará no núcleo de Outeiro, xusto augas abaixo da confluencia do río da Barra co Río Armental.

Por outro lado, o núcleo de Cinconogueiras dispón dunha rede de saneamento que non está completa, así que se proxecta completar a actual rede existente cun colector de saneamento que recolla as augas residuais e instalarase unha pequena estación depuradora que trate as augas antes de verter ao medio. No caso de Cinconogueiras a rede de saneamento proxectada esta formada por unha única condución de case 300 metros e ten como función a recollida das augas residuais das vivendas da parte este do núcleo de Cinconogueiras que actualmente non dispón deste servizo. 

28 de xuño de 2016 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.