publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente colabora na mellora do estado actual de seis viais de Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Boqueixón

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Boqueixón

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co Concello de Boqueixón na mellora da Travesía de Camporrapado, Travesía de León (Oural), o acceso á praza e a Casa da Cultura, e da rúa Ponteledesma.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladoulle este compromiso do departamento que dirixe ao alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, co que mantivo unha reunión e na que lle confirmou que a Xunta de Galicia aportará un orzamento de máis de 80.000 euros para levar a cabo esta mellora.

Trátase da pavimentación da Travesía de Camporrapado, cunha lonxitude 80 metros, mellorarase a pavimentación da rúa e tamén e fará a canalización para augas pluviais; mentres que na Travesía de León, no acceso á Casa da Cultura, na rúa Ponteledesma, na rúa Mestre Manuel Gacio e na rúa Francisco Sinde levarase a cabo unha mellora da capa de rodaxe.

A conselleira indicoulle que esta actuación, que se enmarca dentro do Plan HURBE, é posible a través da nova dotación orzamentaria de cinco novos millóns de euros que manexará o seu departamento, grazas a inxección que recibirá a Comunidade galega polo cumprimento do déficit.

Plan Hurbe

O Plan HURBE é un programa de actuación que a Xunta impulsou en 2010 para dar resposta á necesidade de humanización das vilas de Galicia. Tendo en conta o modelo social de integración cidadá, busca o achegamento dos entramados urbanos aos seus habitantes mediante a adecuación e creación de espazos públicos para as necesidades vixentes.

Segundo o Plan de investimentos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería destinará este ano máis de seis millóns de euros a este Plan, aos que se sumarán cinco novos millóns de euros, é dicir, 11 millóns de euros. O orzamento destinarase, principalmente, á humanización de rúas e á urbanización e mellora de espazos públicos.

Entre outros beneficios, o HURBE favorece a sostibilidade futura compatibilizando o desenvolvemento económico e a agrupación en torno aos núcleos de poboación con criterios de ordenación territorial e habitabilidade, recupera espazos públicos que foron perdendo o seu carácter de áreas de interacción social por un inadecuado desenvolvemento urbanístico, e potencia a conservación dos equipamentos urbanos patrimonio histórico das nosas vilas.

8 de xuño de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.