publicidade hoxe

López Abella participa na reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou o Concello de Curtis felicitou e agradeceu a súa labor na loita contra a violencia de xénero e poñer a disposición das vítimas desta lacra social todos os mecanismos de actuación dos que dispón para conseguir a súa saída á violencia machista.

A secretaria López Abella, participou hoxe na xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero de Curtis, xunto co alcalde, Javier Caínzos, e a presidenta da MLC do concello, Esther Lago.

A MLC contra a violencia de xénero de Curtis, constituída en febreiro de 2015, incorpora hoxe novos representantes dos concellos de Sobrado e Vilasantar, ampliando a súa coordinación e colaboración intermunicipal para a mellora dos sistemas de recollida e intercambio de información e a avaliación periódica dos casos de violencia de xénero que se produzan.

Protocolo de Actuación contra a Violencia de Xénero

Por outra banda, o Concello de Curtis presentou o Protocolo de Actuación contra a Violencia de Xénero, acordado anteriormente na constitución da MLC, o que supón un paso máis na loita comprometida coa violencia de xénero. O obxectivo principal deste protocolo é o de establecer prácticas e mecanismos de actuación e coordinación entre as distintas institucións que operan en Curtis e no ámbito de actuación do seu CIM, unindo esforzos e recursos para mellorar na prevención e ofrecer ás vítimas de violencia de xénero unha atención integral eficiente.

Outros dos obxectivos claros do protocolo abarcan a reflexión sobre as prácticas que se están levando a cabo na atención e prevención para definir modelos de actuacións no futuro, a importancia da formación dos/das profesionais implicados/as na loita contra a violencia, incrementar a coordinación intermunicipal para mellorar a atención das vítimas, en definitiva, optimizar e axilizar todos os recursos existentes en materia de violencia de xénero no Concello de Curtis.

Neste protocolo quedan definidos os criterios de actuación como a atención integral e personalizada das vítimas, así como a súa protección de datos, e a formación continua do equipo técnico implicado no proceso de detección e actuación. Estes criterios serven para guiar os/as profesionais á hora de actuar e garantir a eficacia dos procesos de prevención e actuación, dun xeito coordinado, nos casos de violencia de xénero.

10 de xuño de 2016 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.