publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Localizan o cadáver dun home nunha finca de Antas de Ulla na que traballaba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAntas de UllaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil investiga as causas da morte dun home que foi localizado sen vida polos seus familiares durante a madrugada deste martes nunha finca da localidade lucense de Antas de Ulla, na que se atopaba traballando.

Segundo a información do CAE-112 Galicia, o home foi traballar durante a tarde do luns a unha finca situada no lugar de Arcos, en Antas de Ulla. Ao caer a noite, e dado que non regresaba, os seus familiares saíron na súa busca e localizárono sen vida, boca abaixo, no terreo.

Ata o lugar do achado, que se produciu en torno ás 2.00 horas da madrugada, desprazouse persoal sanitario do 061, que certificou a morte do home, do GES de Monterroso e da Garda Civil, que investiga as circunstancias.

28 de xuño de 2016 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.