publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Localizan en Padrón o cadáver dun home que faltaba do seu domicilio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Familiares localizaron durante a madrugada deste xoves o corpo sen vida dun home do que non se tiñan noticias despois de que saíse a pescar ao río Bascuas, en Padrón (A Coruña).

Segundo informaron dende a Central de Coordinación do 112-Galicia, a familia da vítima, duns 50 anos e veciño de Teo, deu a voz de alarma despois de que o home, que saíra a primeira hora a pescar ao río Bascuas, non regresase pola noite. Así mesmo, indicaron aos servizos de emerxencias que padecía problemas de saúde.

De inmediato activouse un operativo de busca no que participaron efectivos dos Bombeiros de Boiro, Ges de Padrón, Garda Civil e servizos sanitarios. Foron os familiares do home os que localizaron o seu corpo, a beiras do río e fóra da auga, en torno ás 3,00 horas da madrugada.

16 de xuño de 2016 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.