publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investígase a compravenda dun tractor en Lugo asinada polo propietario dous anos despois da súa morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoMonforte de LemosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico da Garda Civil de Lugo investiga a un home de 51 anos que solicitou a transferencia dun tractor nun proceso de compravenda asinado polo propietario do vehículo dous anos despois da súa morte.

A investigación iniciouse cando os axentes, alertados pola Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo, descubriron a posible existencia dun delito de Falsidade Documental nun contrato de compravenda dun tractor agrícola, o cal fora asinado polo vendedor “dous anos despois do seu falecemento”.

Tras realizar varias pescudas, as indagacións culminaron coa identificación do comprador do vehículo, un home de 51 anos de idade e veciño de Monforte de Lemos (Lugo).

O home compareceu ante a Garda Civil en calidade de investigado pola súa participación nun suposto delito de Falsidade Documental. Leva o caso o Xulgado de Instrución de garda de Lugo.

13 de xuño de 2016 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.