publicidade hoxe

Galiforest Abanca 2016 fomentará o emprego forestal transfronteirizo no seu Job Day

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+

A cuarta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebrará do 30 de xuño ao 2 de xullo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), contará cunha interesante novidade no seu programa de actividades.

Así, no seu marco celebrarase o primeiro Job Day Forestal, cuxo obxectivo é fomentar o emprego transfronteirizo entre Galicia e o norte de Portugal no sector forestal. Consistirá na realizacións de reunións entre empresas do sector galegas e norte de Portugal que conten con previsións de contratación  a curto prazo e profesionais tamén deste territorio con diversos perfís que queiran optar aos postos de traballo ofertados.

As empresas interesadas en formar parte deste Job Day Forestal, expositoras ou no de Galiforest Abanca, deberán contactar coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), organizadora desta iniciativa xunto coa Feira Internacional de Galicia ABANCA. No momento en que se reciban as ofertas de plazas, estas difundiranse a través da red EURES (oficinas de emprego transfronterizo), das oficinas de emprego, do Instituto de Emprego portugués e tamén na web da Agrupación. Unha vez recibidas as candidaturas, filtraranse e serán derivadas a cada empresa ou asociación, segundo  as demandas solicitadas e a idoneidade das mesmas.

Durante o primeiro día de Galiforest Abanca as empresas e asociacións participantes poderán entrevistarse neste Job Day Forestal cos candidatos que resulten máis idóneos para cada vacante ofertada, e decidir se o contratan ou non. Para iso contará cun espazo propio na feira, 

Xornada informativa 

O Job Day Forestal completarase cunha xornada informativa na que se abordará o emprego transfronteirizo entre Galicia e o norte de Portugal tanto no sector forestal coma nun sentido amplo. Celebrarase tamén o primeiro día de feira.

15 de xuño de 2016 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.