publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous encapuchados atracan un banco en Pereiro de Aguiar e atan aos clientes para levar 100 euros

Europa Press

Unha sucursal de Abanca situada na zona da Derrasa, na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar, sufriu na mañá deste xoves un atraco no que os asaltantes chegaron a atar aos clientes presentes na oficina.

Segundo a información achegada polas forzas de seguridade, o atraco tivo lugar á primeira hora da mañá, cando dous encapuchados, armados con coitelos, entraron na oficina esixindo o diñeiro.

Durante o roubo, os individuos chegaron a atar aos clientes presentes na sucursal, tal e como explicou a Garda Civil, que informou de que o botín co que se fixeron foi de 100 euros.

23 de xuño de 2016 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.