publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous ciclistas feridos tras ser atropelados por un coche en Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosTouro
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas que circulaban en bicicleta resultaron feridas a última hora deste mércores tras ser atropeladas por un vehículo no concello coruñés de Touro. Segundo a información do CAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar pouco despois das 19,15 horas na vía que une o lugar de Santa Irene, en Touro, con Dombodán, en Arzúa, á altura da parroquia de Andeade.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Arzúa, Protección Civil e persoal sanitario do 061, que trasladou aos dous ciclistas, un deles en estado grave, a un hospital de Santiago de Compostela.

30 de xuño de 2016 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.