publicidade hoxe

Cores Tourís visita o polígono de Racelo na Lama para anunciar novas obras de mellora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+
Europa Press
Cores Tourís na visita ao polígono empresarial de Racelo

Cores Tourís na visita ao polígono empresarial de Racelo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o polígono empresarial de Racelo na Lama, co obxectivo de anunciar a posta en marcha de obras de mellora neste área industrial.

Na visita estivo acompañado do alcalde da localidade, Jorge Canda, así como do xefe territorial de Economía, Ignacio Rial.

Deste xeito, Cores Tourís destacou a labor da Consellería de Economía, Emprego e Industria que acaba de aprobar apoios por preto de 5 millóns de euros para os concellos galegos cos cales se desenvolverán melloras en 46 parques empresariais de toda Galicia, 10 deles na provincia de Pontevedra, onde se investirán máis de 1,3 millóns de euros, tendo en conta os 2 novos viveiros de empresas cos que contarán Vilanova de Arousa e Cambados.

Mediante a convocatoria destas axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas, concédense apoios cos que se impulsarán 58 proxectos en 46 parques empresariais galegos. “Na nosa provincia executaranse 12 proxectos, véndose beneficiados 10 concellos: Cambados, Ribadumia, Campo Lameiro, O Porriño, A Cañiza, Silleda, Tui, A Lama, Agolada e Forcarei”, explicou Cores Tourís, quen matizou que grazas a estas obras “mellórase así o servizo que se presta ás compañías xa instaladas ao tempo que se impulsa a chegada de novas iniciativas con capacidade para xerar riqueza e emprego”.

“Preto do 47% dos proxectos apoiados mediante esta liña se centra nas vías de acceso, mentres outro tanto por cento similar céntrase na dotación de iluminación pública”, explicou Cores Tourís. De feito, o polígono de Racelo en A Lama, na actualidade non conta con ningún tipo de iluminación. As obras proxectadas son a instalación de luminarias LED de 70 W, en total 9 unidades, así como báculos, cadro de mando e protección.

Durante a visita, Jorge Canda agradeceu a colaboración da Xunta para a mellora deste polígono empresarial, destacando que en estas obras investiranse case 41.585 euros, dos cales o 80%, é dicir, 33.268 serán aportados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

2 de xuño de 2016 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.