publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Convocan 6 novos permisos de explotación de percebe para embarcación con dúas habilitacións cada unha para a confraría de Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

A Consellería do Mar convoca 6 novos permisos de explotación de percebe para embarcación con dúas habilitacións cada unha na confraría de pescadores de Muxía. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos na orde que regula a explotación dos recursos específicos. Ademais deberán presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.es). Opcionalmente tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes que cumpran os requisitos establecidos serán estudadas e baremadas de acordo co baremo para acceder ás modalidades de recursos específicos no permiso de explotación das embarcacións, aprobado pola resolución do 4 de maio de 2016 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

22 de xuño de 2016 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.