publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cariño, Oleiros, Rianxo, Ribeira, Muxía e Malpica acollerán este verán os cursos de vela da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCariñoMalpica de BergantiñosMuxíaOleirosRianxoRiveira
A-
A+

Cariño, Oleiros, Rianxo, Ribeira, Muxía e Malpica acollerán este ano, entre o 4 de xullo e o 12 de agosto, os cursos da campaña de vela 2016 da Deputación da Coruña. Nos mesmos poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.

Os interesados en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruna (www.dacoruna.gal/deportes), debidamente cumprimentada e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros.

Nos cursos, que terán unha duración dunha semana en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións naúticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.

10 de xuño de 2016 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.