publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Augas de Galicia inicia os traballos de conservación e mantemento no río Mero en Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambre
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, inicia hoxe os traballos de mantemento e conservación no río Mero ao seu paso polo Concello de Cambre. Trátase dunhas tarefas de mantemento no paseo fluvial, que implican o desbroce a pe e mecanizado das marxes da actual senda peonil, para impedir a ocupación da mesma pola vexetación.

Augas de Galicia tamén revisará as áreas da contorna por se fose necesario realizar un desbroce selectivo para o mantemento do bosque de ribeira, xa que é un dos elementos máis importantes do río e o seu estado inflúe tanto na morfoloxía do canle, evitando a erosión do mesmo pola acción da auga, como na sustentabilidade dos ecosistemas fluviais e na calidade das augas.

Os traballos realizaranse nun tramo dun 9 quilómetros de senda que discorren polo concello de Cambre dende o encoro de Cecebre e o seu orzamento ascende a 10.000 euros.

Cómpre recordar que Augas de Galicia realizou o pasado ano, de xeito extraordinario, unha actuación de de desbroce selectivo minucioso na ribeira do Mero, cun importe de 143.000 euros. Nunha visita técnica, observouse que os traballos cumpriron os obxectivos propostos, e destaca a eliminación das masas de zarzas de gran densidade que impedían o crecemento da cuberta herbácea do bosque de ribeira. Grazas as labores especiais realizadas durante a campaña do ano pasado, este ano as labores de preservación do bosque de ribeira son máis sinxelas e menos custosas.

27 de xuño de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.