publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ángeles Vázquez visita a sede do XIX Distrito contra incendios en Salcedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+
Ángeles Vázquez na visita ao distrito de Salcedo

Ángeles Vázquez na visita ao distrito de Salcedo

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou a sede do XIX Distrito contra incendios situada na parroquia de Salcedo en Pontevedra e dependente da Xefatura Territorial de Medio Rural de Pontevedra, onde puido coñecer ao persoal encargado dos diversos servizos así como aos axentes forestais da base.

Na visita estivo acompañada polo director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo.

A superficie total que vixía o XIX Distrito é 132.562 hectáreas, das cales 88.180 son superficie forestal. Da superficie forestal, o 81,93% é superficie arbolada, é dicir, 72.248 hectáreas.

Esta área conta con 297 comunidades de montes que xestionan un total de 49.958 hectáreas. “Polo tanto”, segundo explicaron os responsables do distrito, “a superficie forestal que manexan as comunidades é o 56,60% do total”.

As instalacións do distrito en Salcedo contan con 3 técnicos e 25 axentes, 5 brigadas da Xunta, 2 brigadas de helicóptero, 9 motobombas e 27 condutores. Tamén xestiona 8 brigadas de Seaga e 4 de Tragsa, así como 12 brigadas de concellos e 6 motobombas municipais.

Por outra banda, a conselleira de Medio Rural tamén puido comprobar a instalación dunha nova caldeira de biomasa que da servizo a todas as instalacións. A obra, que permitiu o cambio da antiga caldeira de gasoil, tivo un orzamento de 49.063,71 euros, e ven a demostrar a aposta e o apoio da consellería co sector forestal.

6 de xuño de 2016 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.