publicidade hoxe

Adxudícanse por 148.381 euros as obras dunha senda peonil na DP 3801 Sigüeiro-San Mauro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOroso
A-
A+

A Deputación da Coruña adxudicou por 148.381,77 euros as obras de mellora da seguridade viaria na DP 3801 de Sigüeiro a San Mauro, no Concello de Oroso.

Hoxe asinouse o contrato entre a institución provincial e a empresa Excavaciones y Obras Marcos, que se encargará da realización dos traballos, que comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de catro meses.

As obras consistirán na construción dunha nova plataforma peonil de 2 metros de ancho que discorrerá pola marxe dereita da calzada e que servirá de conexión dos distintos tramos de beirarrúas xa existentes entre os puntos quilométricos 2 e 3+280 desta estrada provincial.

A senda realizarase con mistura bituminosa en quente e contará con borde de formigón. Nalgúns puntos contémplase tamén a execución dun muro de escollera para a estabilización de taludes, así como a colocación de barandas de madeira de pino.

8 de xuño de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.