publicidade hoxe

A Xunta recibe a Verónica Boquete, embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Alfonso Rueda e Lete Lasa na reunión con Verónica Boquete. Foto: C. Paz

Alfonso Rueda e Lete Lasa na reunión con Verónica Boquete. Foto: C. Paz

A deportista santiaguesa Verónica Boquete, actual xogadora do Bayern de Múnich, foi recibida esta mañá polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

No encontro, abordáronse varios proxectos en prol do desenvolvemento do fútbol, particularmente entre os máis novos e no ámbito do fútbol feminino, e que polos que ostenta a condición de embaixadora UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.

Á deportista ven de acadar o título da Bundesliga co equipo Bayern de Múnich. Segundo apuntou Lete Lasa, “Vero é unha referencia de deportista e de vida deportiva, un exemplo para maiores, nenas e nenos, e xa non só polos logros acadados na competición durante todos estes anos – que son innumerables –, senón tamén pola súa valía como referente dos valores deportivos”.

Traxectoria deportiva de Vero Boquete

Unha deportista cunha longa lista de recoñecementos, ademais da Bundesliga que ven de gañar, Vero Boquete acadou logros como ser a primeira xogadora española en gañar unha Champions League feminina (2015) e en ser nomeada ao Premio á Mellor Xogadora da FIFA (2014), 52 veces internacional coa selección española e Campioa de Europa sub-19 (2004), máxima goleadora na tempada 2010/2011 da Liga Española e mellor xogadora da fase regular na liga norteamericana (2011) .

Por outra banda, Vero Boquete tamén acadou a Medalla Castelao 2015 e a Medalla de Bronce da Real Orden del Mérito Deportivo 2015 e foi nominada á Mellor xogadora do ano pola BBC (2015), entre outros recoñecementos.

3 de xuño de 2016 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.