publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta premia a alumnos do CEIP Plurilingüe Domaio de Moaña no certame de ‘Cooperativismo nas escolas’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoaña
A-
A+
Entrega do premio aos escolares

Entrega do premio aos escolares

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración co Consello Galego de Cooperativas, entregou hoxe os premios aos preto de 40 alumnos e alumnas de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Domaio de Moaña que resultaron galardoados no certame ‘Cooperativismo nas escolas’.

Os alumnos do colexio gañaron dous accésits na modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo cos traballos titulados ‘Un personaxe máxico, un traballo real’ e ‘Todos xuntos construímos Domaio’.

Os premiados recibiron nunha gala, á que acudiron 160 nenos e nenas, materiais didácticos, audiovisuais ou informáticos valorados en 2.000 euros.

Esta actividade forma parte do programa de actividades que a Xunta desenvolve ao longo de todo o ano para promover os valores do cooperativismo e das actuacións que está a desenvolver con motivo do Día do Cooperativismo, que se celebra este ano o sábado 2 de xullo. ‘Cooperativismo nas Escolas’ é unha iniciativa coa que se promove entre os estudantes de Galicia o coñecemento desta fórmula empresarial.

Este programa de actividades rematará o día 2 de xullo coa celebración anual do Día do Cooperativismo e a entrega dos premios ás cooperativas. Na xornada anterior, o 1 de xullo, celebrarase unha xornada de portas abertas nas cooperativas de Galicia.

14 de xuño de 2016 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.