publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta mellorará o firme da estrada autonómica PO-316, na zona da Lanzada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GrovePontevedra
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia mañá, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), a rehabilitación do firme do tramo da estrada autonómica que comunica A Lanzada co Grove (PO-316), no entorno da praia da Lanzada. A obra complementa á pavimentación realizada nas glorietas deste treito no pasado mes de marzo.

Actuarase no tramo de 1,8 Km comprendido entre as glorietas existentes coa estrada Cambados – A Lanzada (PO-550) e coa estrada a San Vicente do mar (PO-317), situado no Concello do Grove.

A obra comezará mañá venres e consistirá na extensión dun microaglomerado nas dúas calzadas do vial, que suman unha superficie total no entorno dos 22.400 m2, o que permitirá eliminar as fisuras existentes e aumentar a adherencia da capa de rodadura. Melloraranse así as características superficiais do firme e prolongarase a vida útil desta infraestrutura. Estes traballos completaranse co repintado das marcas viarias.

No pasado mes de marzo a Axencia Galega de Infraestruturas xa acometeu unha rehabilitación do firme das tres glorietas existentes no tramo, que contou cun orzamento de 48.000 €.

Se as condicións climatolóxicas son as agardadas, a extensión do novo firme requirirá de tres días de traballo, polo que quedará rematada ao longo da semana.

Será necesario realizar cortes puntuais dun dos carrís de circulación, que serán debidamente sinalizados, permitíndose o tráfico de xeito alterativo polo segundo carril.

Con estas actuacións, nas que se invertirán 56.000 € e se realizan mediante o contrato de conservación integral, o Goberno autonómico mellorará o estado do firme, para garantir unha circulación cómoda e segura dos usuarios desta estrada, que rexistra un tráfico moi importante especialmente nos meses de verán.

2 de xuño de 2016 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.