publicidade hoxe

A Xunta licita as obras de acondicionamento da estrada OU-402 e o remate da senda peonil na estrada OU-320

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizOurenseToén
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de acondicionamento de gabias na estrada OU-402, no Concello de Toén, e o remate da senda peonil na OU-320, en Allariz.

O DOG sinala o vindeiro día 4 de xullo como data límite para a presentación de ofertas. No seguinte enlace pode consultarse información relativa a estas licitacións: http://goo.gl/tGkyXb

No que se refire ás actuacións na OU-402, en Freixendo, no municipio de Toén, contarán cun investimento de máis de 105.000 euros e un prazo de execución de tres meses aproximadamente.

Para levar a cabo estas obras actuarase na marxe esquerda da estrada, entre os PK 6+530 e 7, mediante a execución de beiravías transitables e que permitan a recollida de augas de drenaxe. Tamén se construirán dous pequenos tramos de muro de contención e colocarase lousa que servirá de obra de paso sobre un regato canalizado, protexéndose ambos con varandas. Estas obras completan a actuación realizada o ano pasado pola Xunta de Galicia neste treito para solucionar un problema de drenaxe.

En relación ao remate da senda peonil na OU-320, en Allariz, o treito obxecto dos traballos será o comprendido entre os PK 9+670 e 11+550. As obras, cun prazo de execución de catro meses e un orzamento de máis de 287.000 euros, iniciaranse na travesía de Allariz, na rúa do Piñeiro, dando continuidade ás sendas existentes nas marxes da vía ata o punto no que finaliza. A partir dese punto continuarase a senda pola marxe dereita ata Outeiro de Orraca.

A Xunta, mediante este tipo de obras, continúa apostando pola conservación axeitada da rede viaria autonómica, proporcionado así aos cidadáns unhas estradas seguras e cómodas.

Nos seguintes planos amósanse os treitos das dúas estradas nas que se executarán melloras.

8 de xuño de 2016 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.