publicidade hoxe

A Xunta lembra aos concellos que teñen á súa disposición a Guía Práctica para a Constitución das Mesas Locais de Coordinación contra a Violencia de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, lembrou hoxe que todos os concellos de Galicia teñen á súa disposición a Guía Práctica para a Constitución das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucionais contra a violencia de xénero, que se elabora dende a Secretaría xeral da Igualdade, e que está dispoñible na páxina web http://igualdade.xunta.gal/gl/programas/mesas-de-coordinacion-interinstitucional-ambito-local

López Abella, participou hoxe na xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero de A Estrada, xunto co alcalde, José López Campos, e a presidenta da MLC do concello, Amalia Goldar, onde agradeceu a súa labor na loita contra a violencia de xénero e poñer a disposición das vítimas desta lacra social todos os mecanismos de actuación dos que dispón para conseguir a súa saída á violencia machista.

A través da constitucións destas Mesas Locais, a Xunta impulsa a mellora da resposta institucional e a posta en marcha de novas medidas para abordar dun xeito cada vez máis eficaz este problema. Esa eficacia pasa pola coordinación entre as institucións e os servizos públicos implicados para atender con axilidade as necesidades das mulleres que sofren violencia de xénero.

Dende a Secretaría Xeral da Igualdade considerase como obxectivos específicos desta Mesa Local de Coordinación, mellorar a detección precoz de posibles casos, optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero, ofrecer unha resposta máis áxil ás vítimas da violencia, mellorar a súa protección e informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á sociedade.

A Mesa Local de Coordinación contra a violencia de xénero de A Estrada, constituída en marzo de 2012, ten como obxectivo a promoción no ámbito municipal, de políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero. Esta MLC está conformada polos representantes do Concello, do CIM, do ámbito xudicial, das Forzas de Seguridade, do Centro de atención sanitaria, dos Centros educativos e da Subdelegación do Goberno de Pontevedra.

17 de xuño de 2016 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.