publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de reforzo de firme nas travesías de Fisterra e A Anchoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFisterra
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia as obras de rehabilitación de firme nas travesías de Fisterra e A Anchoa, na estrada AC-445, no Concello de Fisterra, coa fin de incrementar a súa seguridade.

Estas actuacións forman parte dun paquete de reforzos de firme, adxudicado á empresa Nemesio Ordóñez S.A, por un importe de preto de 417.000 euros. Este paquete, ademais das obras que veñen de iniciarse na AC-445, inclúe outras nas travesías das estradas AC-544, en Bertamiráns; AC-455, en Portomouro; e AC-196, en Ponte Nafonso.

Os traballos comezados na AC-445, no Concello de Fisterra, levaranse a cabo no treito comprendido entre os puntos quilométricos 11+000 e 13+210, polo que se mellorará o estado do firme ao longo máis de dous quilómetros. Tense previsto que as obras neste tramo rematen na primeira quincena de xullo.

O proxecto contempla o estendido dunha nova capa de rodadura en toda a sección transversal e se completará co repintado das marcas viais.

Tras o remate do reforzo de firme no Concello de Fisterra, as actuacións continuarán nas outras estradas obxecto do contrato.

A Xunta, mediante este tipo de obras, continúa apostando pola conservación axeitada da rede viaria autonómica, proporcionado así aos cidadáns unhas estradas seguras e cómodas.

28 de xuño de 2016 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.