publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de reforzo de firme en varias estradas autonómicas de Leiro, Cea, O Carballiño e Ribadavia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLeiroO CarballiñoOurenseRibadaviaSan Cristovo de Cea
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciará hoxe as obras de reforzo de firme coa fin de mellorar o estado da capa de rodadura de treitos localizados de estradas autonómicas ao seu paso polos Concellos de Leiro, Cea, O Carballiño e Ribadavia, na provincia de Ourense.

Estas actuacións foron adxudicadas por un orzamento de preto de 365.000 euros á empresa Acoval. O contrato foi asinado o pasado 9 de maio e fixouse un prazo de execución de 6 meses dende o seu inicio.

As obras comezarán hoxe coa limpeza de marxes e das cunetas na OU-188, no Concello de Leiro, e continuarán coa OU-209, na travesía deste mesmo municipio. Ambas obras serán coordinadas entre elas debido a súa proximidade. Pola súa parte, a Xunta xa realizou unha xuntanza co alcalde de Leiro para organizar os traballos previos e solicitou a súa colaboración para o despexe da rúa principal do Concello.

De seguido, realizaranse as obras de mellora do aglomerado de Valdepereira, en Ribadavia, para proseguir coa OU-172 na estrada de saída ao Irixo no Carballiño. Finalmente, terán lugar as obras da OU-187, na travesía de Cea.

16 de xuño de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.