publicidade hoxe

A Xunta financiará o arranxo de dúas pontes de Frades que resultaron danadas polas riadas do inverno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Frades

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Frades

A Consellería do Medio Rural financiará o arranxo de dúas pontes situadas no municipio coruñés de Frades que resultaron danadas este pasado inverno polas riadas. Así o acordaron a titular deste departamento, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Roberto Rey Martínez, nunha xuntanza de traballo celebrada en Santiago.

A actuación suporá un investimento total de preto de 60.000 euros e centrarase nas pontes de Xeza (Mesós) e da pista de Reboredo (Os Carballos). No primeiro deles realizarase a reposición de tubos de drenaxe, que se colocarán en pórtico, e arranxaranse tamén os muros da ponte e o firme. No caso de Reboredo a actuación consistirá na substitución da drenaxe da ponte e dos seus muros, así como na reposición do firme e das barreiras de seguridade.

Neste encontro alcalde e conselleira abordaron tamén diferentes asuntos relacionados coa mellora do agro neste municipio e da calidade de vida dos seus veciños e veciñas do medio rural.

15 de xuño de 2016 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.