publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta entrega material para a loita contra a vespa velutina aos concellos de Santa Comba e A Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaSanta Comba
A-
A+

A Xunta entregou esta mañá material para a loita contra a vespa velutina aos concellos da Baña e Santa Comba. A entrega forma parte do marco do Plan de Vixilancia e Control da vespa velutina en Galicia. No acto estivo presente a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. A Consellería do Medio Rural proveu dun traxe específico para estas tarefas ao municipio da Baña e dunha pértega a Santa Comba.

No ano 2013 detectouse en Galicia a presenza da vespa velutina. Este insecto é unha especie invasora, incluída no Catálogo de Especies Exóticas Invasoras. Desde febreiro do ano 2014 está en funcionamento o Plan de vixilancia e control desta especie, desenvolvido pola Xunta de Galicia.

No marco deste operativo, no ano 2015 xestionáronse un total de 10.165 avisos de cidadáns en relación coa vespa velutina, retirándose ou deixando inactivos un total de 5.045 niños. No que vai de ano 2016 xestionáronse a través do operativo da Xunta de Galicia un total de 1.359 avisos, retirándose ou inactivándose 768 niños.

15 de xuño de 2016 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.