publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta comeza a pilotaxe da Historia Social Única Electrónica nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónBriónLocal PortadaPortada esquerdaTordoiaViveiro
A-
A+
A directora da Amtega na reunión con representantes dos concellos

A directora da Amtega na reunión con representantes dos concellos

A Xunta inicia a pilotaxe da Historia Social Única Electrónica (HSUE) nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Viveiro. A partir do mes de xullo os traballadores sociais destes concellos terán acceso ao expediente social dos usuarios en formato electrónico. Este período de probas nestas entidades locais permitirá abordar posibles axustes de cara ao despregamento progresivo nos concellos galegos, que se prevé a partir de setembro.

Así se estableceu na xuntanza de traballo que mantiveron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e os directores xerais de Maiores e de Inclusión Social e Familia da Consellería de Política Social, Coro Piñeiro, Arturo Parrado e Amparo González con técnicos e concelleiros da área de servizos sociais dos catro municipios.

A entrada en funcionamento do HSUE supón un avance cara a futura historia-sociosanitaria, que permitirá a completa trazabilidade da información do cidadán en ambos sistemas. O novo sistema comezará a implantarse de xeito progresivo despois do verán, unha vez aprobado o Decreto de regulación da creación, uso e acceso á Historia Social Única Electrónica. A HSUE arrancará con máis de 365.000 historias sociais dixitais.

Esta actuación enmárcase no Plan Trabe para a Modernización dos Servizos Sociais, no que a Amtega e a Consellería de Política Social veñen traballando nos últimos tres anos.

Melloras na xestión

A entrada en funcionamento da Historia Social Única Electrónica (HSUE) supón un fito no eido dos servizos sociais similar á posta en marcha da Historia Clínica no eido sanitario ao integrar nun mesmo sistema todos os datos relativos a historia social do individuo, incluíndo a situación persoal, social e familiar; as súas demandas, prestacións, servizos e recursos, así como as valoracións, intervencións, seguimento e avaliación por parte do sistema de Servizos Sociais, ademais de información referente a profesionais e a institucións e organizacións que interveñen nas mesmas.

O novo sistema permite automatizar a compartición de toda esta información e documentación asociada entre os departamentos que xestionan as distintas prestacións e servizos, o que evita a duplicidade, reduce erros de xestión e mellora a calidade da información.

A plataforma proporciona unha identificación unívoca dos cidadáns, ao empregar a numeración da tarxeta sanitaria e garante a seguridade no acceso á información a través do uso de certificado por parte dos profesionais, que accederán só aos datos e información necesaria para o desenvolvemento do seu labor.

Vantaxes para os usuarios

Os cidadáns percibirán as vantaxes do novo sistema na simplificación das tramitacións, e nunha atención máis persoalizada, xa que o profesional terá acceso de xeito inmediato a información máis relevante do seu historial, tanto de servizos como de prestacións ou recursos asignados.

Ademais, facilitará unha atención máis proactiva, grazas a un o sistema de alertas e subscricións que avisa ao profesional de calquera cambio no historial da persoa para que poida actuar de maneira inmediata.

Plan Trabe

O Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais, dotado cun orzamento de 19,7 millóns de euros en cinco anos, é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións dun terzo da poboación.

Coa integración das TIC na xestión dos servizos sociais, a Administración autonómica busca mellorar a súa eficiencia para garantir á sostibilidade do sistema e incrementar a súa capacidade para dar cobertura a unha demanda que está en aumento. Ademais, a modernización da xestión permitirá reducir tarefas administrativos e prazos de tramitación.

22 de xuño de 2016 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.