publicidade hoxe

A Xunta apura os traballos de limpeza e reposición de mobiliario na área recreativa de Verdes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoristanco
A-
A+

A Xunta de Galicia está a rematar estes días os traballos de limpeza e adecuación da área recreativa de Verdes, en Coristanco. Así, técnicos de Augas de Galicia están a finalizar a limpeza do leito do río, mentres que operarios do departamento de Conservación da Natureza céntranse no acondicionamento de todo o entorno.

Os traballos realizados supuxeron a retirada da maleza e os restos de troncos e árbores caídos ao leito do río Anllóns, así como a talla de árbores que se atopaban enfermos ou secos. Do mesmo xeito, actuouse na rehabilitación das pasarelas e a mellora do firme de acceso á área recreativa, e tamén no arranxo e reposición, no seu caso, do mobiliario urbano que se atopaba en mal estado debido aos temporais e ás inundacións do pasado inverno.

En total, a Consellería de Medio Ambiente ten investido máis de 18.000 euros nestas actuacións, que buscan deixar en perfecto estado o entorno do río Anllóns en Verdes de cara á celebración dos campionatos de pesca xuvenil que terán lugar neste couto nos meses de xullo e agosto.

23 de xuño de 2016 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.