publicidade hoxe

A Xunta amplía a todos os días da semana o servizo de comedor no CPI Os Dices, de Rois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRois
A-
A+
Diego Calvo na reunión co alcalde de Rois

Diego Calvo na reunión co alcalde de Rois

A Xunta de Galicia ampliará, a partir do próximo curso, o servizo de comedor escolar no CPI Os Dices, de Rois. Así, funcionará todos os días da semana en lugar dos dous que viña funcionando ata agora.

Esta ampliación é resultado das xestións que realizou nas últimas semanas o alcalde da localidade, Ramón Tojo, xunto ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, e mais o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana.

O resultado das conversas trae como froito a ampliación deste servizo, ao que terán acceso todos os usuarios lexítimos do servizo, que funcionará coordinado co horario do transporte escolar.

16 de xuño de 2016 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.