publicidade hoxe

A Policía investiga ao presunto autor de 27 incendios forestais en Lalín cometidos desde 2005

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía Autonómica de Santiago están a investigar a un home que consideran responsable de 27 incendios forestais intencionados ocorridos no Concello de Lalín (Pontevedra)

Segundo informou a Xunta, un dos lumes tivo lugar o pasado 31 de maio na parroquia de Zobra e afectou a unha superficie de 300 metros cadrados rasos. O incendio orixinouse cando o agora investigado prendeu lume de forma directa cun chisqueiro coa intención de limpar a zona.

Froito da investigación posta en marcha, os axentes determinaron que o home é o presunto autor doutros 26 incendios ocorridos nesta parroquia desde 2005.

Na actual campaña anti-incendios forestais de 2016, a Policía Autonómica investigou a un total de 29 persoas relacionadas con lumes deste tipo.

9 de xuño de 2016 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.