publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil incauta 3.000 quilos de sardiñas en situación irregular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Efectivos do Seprona da Garda Civil de Corcubión (A Coruña) incautáronse de 3.000 quilos de sardiñas en situación irregular, xa que carecían da documentación perceptiva para o transporte segundo a lexislación aplicable.

Segundo informou o corpo, os feitos sucederon durante un control rutineiro no Porto de Camariñas, cando os axentes deron o alto a un camión isotermo con dirección a Vimianzo para controlar a carga transportada.

Nese momento, comprobaron que o peixe non contaba coa documentación necesaria e procederon a incautalo. As sardiñas foron entregadas ao almacén do Banco de Alimentos de Galicia, no porto pesqueiro da Coruña.

22 de xuño de 2016 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.