publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra entrega 65.000 euros a Poio para o subministro de varios vehículos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da corporación provincial vén de aprobar unha nova achega ao concello de Poio por valor de 65.000 € ao abeiro do Plan Concellos 2016 e, máis en concreto, dentro da liña 1 que o plan dedica a investimentos. Esta cantidade achegada pola Deputación da provincia pontevedresa será empregada polo concello para o subministro de varios vehículos: un furgón, un turismo e dúas furgonetas.

Ata agora a institución provincial xa entregou, ao abeiro do Plan Concellos, as seguintes achegas: na liña 1, 504.411,17 € destinados á ampliación das infraestruturas de saneamento nun tramo da estrada PO-308, o acondicionamento das instalacións deportivas municipais, a mellora dos servizos na rúa de Combarro, as melloras dos saneamentos da rúa Convento e da avenida A Seca (na PO-308), a restauración da cuberta e a conservación da fachada e da terraza do edificio de servizos sociais e o subministro dun camión lixeiro con caixa basculante e instalación de guindastre. Na liña 2, 123.354,22 € para sufragar gastos correntes, na liña 3 outros 37.662,27 € para a XVI Festa do Mar, o Vi Triatlón “Porto de Campelo”, o VII BTT “Concello de Poio”, a II Carreira Popular “Activa Combarro”, o X Duatlón “Cros Concello de Poio” e a XXIX Festa da Ameixa. Por último, 214.284,56 € para a contratación de 30 traballadoras e traballadores que desempeñan as súas labores nos servizos municipais.

No que levamos de 2016, o Plan Concellos xa entregou o 94,1% do total destinado a Poio, situando neste momento o investimento na vila en 944.986,55 €.

20 de xuño de 2016 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.