publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputacion dá un pulo para a apertura da residencia do centro de Aspromor en Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOrtigueira
A-
A+

A deputada de Asuntos Sociais, Ánxela Franco e o presidente de ASPROMOR asinaron un convenio polo que a Deputación da Coruña dá un último pulo para a apertura da residencia nas súas instalacións de Ortigueira.

Nas instalacións do centro de ASPROMOR en Ortigueira asinouse esta mañá o convenio polo que a Deputación da Coruña contribúe ao equipamento que se destinará especialmente aos servizos de lavandería e cociña co fin da próxima apertura da residencia.

A deputada de Asuntos Sociais, Ánxela Franco, visitou o centro e interesouse pola súa actividade, en especial, polo centro ocupacional no que, entre outras actividades, desenvolven un obradoiro de elaboración de fregonas e outro, con carácter pioneiro, destinado a reparación de contedores e caixas plásticas. “Crear recursos propios é un dos obxectivos do centro que ten na formación ocupacional unha das súas liñas de traballo, co fin de buscar a maior autonomía para as persoas usuarias”, sinalou Ánxela Franco despois dunha visita na que tamén participou o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras e o concelleiro e portavoz do BNG, Carlos R. Legarreta ademais do deputado de Contratación, Xesús Soto.

O convenio compromete á Deputación da Coruña a unha achega de 39.155, 89€ para equipamento da residencia dun orzamento que ascende a 162.541 €.
O investimento, destinado a habilitar as zonas de cociña e lavandaría é un último chanzo para a xa próxima apertura do centro residencial para o que a Deputación da Coruña contribuíu con achegas de 521.000 € para construción e equipamento.

O centro residencial dará servizo a 49 persoas dos concellos de Ortigueira, Cariño, Mañón e Cerdido. As instalacións contan tamén cun centro de día con capacidade para 21 persoas e unha residencia para 28.

2 de xuño de 2016 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.