publicidade hoxe

A Deputación da Coruña estudará un proxecto de Cee para a construción de beirarúas en Lires

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCee
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade.
Por espazo de case unha hora, ambos analizaron os diferentes investimentos que o ente provincial está a realizar na localidade, e que no último ano supuxeron máis de 763.000 euros a través dos diferentes plans provinciais como o Plan de Obras e Servizos (POS), o Plan de Acción Social (PAS), o Plan de Emprego Local (PEL) ou o recentemente aprobado Plan de Medioambiente (PMA). Formoso escoitou tamén as demandas plantexadas polo rexedor ceense para mellorar determinadas infraestruturas no municipio.

En concreto, Vigo Sambade trasladou á Deputación un proxecto elaborado polo Concello para a construción de novas beirrarúas no lugar de Lires que o Goberno local entende que é de gran importancia para mellorar a seguridade dos peóns na zona e que será estudado polo departamento provincial de Vías e Obras.

O rexedor ceense interesouse tamén pola posibilidade de transferir á Deputación a titularidade da estrada que une Cee e Lires por Toba, un vial de carácter intermunicipal que a institución provincial non asumirá en solitario, senón que deberá articularse nun plan conxunto de racionalización de infraestruturas viarias, coordinado coa Xunta de Galicia e cos concellos da provincia.

16 de xuño de 2016 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.